O noso socio finlandés, Allianssi Youth Exchanges busca 3 ou 4 voluntarios para unha experiencia a longo prazo co Corpo Europeo de Solidariedade no Centro de Servizos para a Xuventude da Concello de Espoo, en Finlandia. O período de estadía é entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de xuño de 2026.
As persoas voluntarias serán responsables das actividades de entretemento e recreación para a mocidade, como intercambios culturais, xogos, cociña, experiencias artísticas, deportes e calquera outra cousa que xurda en función das necesidades e desexos da mocidade. Outras actividades incluirán a organización de eventos, a promoción da participación xuvenil e campamentos de verán. Os Servizos Municipais de Xuventude de Espoo ofrecen servizos recreativos a usuarios de entre 9 e 17 anos nos 20 centros xuvenís da cidade. Polo tanto, as actividades terán lugar fóra do horario escolar, principalmente polas tardes e os fins de semana.
As persoas voluntarias terán experiencia previa traballando ou facendo voluntariado con mozos. O aloxamento será nun apartamento compartido; proporcionaranse vales de comida para a compra propia e tamén se lles proporcionará un pase de transporte público.
Prema aquí para consultar a folla de información do proxecto. Podes enviar a túa solicitude ata 30 setembro 2025Para rexistrarte, recomendámosche que visites tamén a páxina web da asociación. dende aquí.