OTLAS é unha base de datos creada pola rede SALTO-XUVENTUDE dentro do programa Xuventude en Acción e o Programa Erasmus+. A finalidade desta plataforma é apoiar e facilitar a busca de socios para proxectos internacionais.
Otlas non é un acrónimo. Representa un "Atlas en liña para o sector xuvenil".
Para comezar a utilizar esta útil ferramenta é preciso ter unha conta MySalto rexistrándose no portal SALTO. Ao rexistrarte nesta plataforma, poderás xestionar o teu perfil OTLAS evitando que ninguén modifique os teus datos, aproveitar todos os servizos que ofrece SALTO e conectarte máis facilmente con outras organizacións que teñan unha conta SALTO e o teu perfil OTLAS.
Para máis información, consulta a páxina SITIO WEB AQUÍ.