Do 28 de agosto ao 8 de setembro de 2023, se tes entre 18 e 30 anos, axuda á asociación EcoVIilaPouca nun campo de traballo co obxectivo de promover a sustentabilidade ambiental e protexer a biodiversidade en Lousada, Portugal.
Durante este período de formación ecolóxica, os voluntarios encargaranse de diversas tarefas entre elas: control de especies exóticas invasoras nas ribeiras e no leito do río Sousa; mellora e coidado da paisaxe, flora e fauna locais mediante a construción de refuxios especiais en zonas forestais; tala, limpeza de sendeiros e retirada de lixo; creación dun estanque e recuperación dun antigo curso de auga, e moito máis!
Para máis información PREME EN PT-IPJ 10.5
Para coñecer as bases e condicións para participar nos campamentos visita a nosa web dedicada ás propostas de campamentos de voluntariado.