O proxecto “Experiencias de voluntariado para a aprendizaxe inclusiva: socorro comunitario, protección, sustentabilidade – VEIL-CORPS” ten como obxectivo promover, organizar e implementar actividades de voluntariado para crear experiencias de aprendizaxe de calidade.
Estas actividades de voluntariado pretenden marcar unha verdadeira diferenza no traballo dos centros e comunidades xuvenís, realizando actividades en Grecia, Italia, Portugal e España, onde hai mozos desfavorecidos social ou económicamente. Ademais, axudarán ás comunidades locais a recuperarse e facerse máis resistentes ante os riscos relacionados co cambio climático, como incendios, inundacións e desprendementos de terra.
As actividades desenvolveranse ao longo de 24 meses durante os que se organizarán 20 actividades diferentes nas que participarán un total de 206 voluntarios. Entre estes, polo menos 70 serán mozos con menos oportunidades e necesidades especiais.
O proxecto está organizado por un consorcio de 13 asociacións socias de 8 países (Alemaña, Estonia, Grecia, España, Francia, Italia, Portugal e Ucraína) e dúas institucións italianas que ofrecerán apoio: unha oficina de xustiza de menores e unha reserva natural.
Ao remate do proxecto elaborarase un caderno que recollerá as experiencias dos participantes e coordinadores. Este folleto tamén ofrecerá información, ideas e suxestións para organizar eficazmente experiencias de voluntariado en grupo.
O proxecto está cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa do Corpo Europeo de Solidariedade. Se queres coñecer o programa, Consulta a nosa Guía de programas europeos.

